A Cidade da Cultura de Santiago acollerá o martes 29 de outubro ‘Piñeiros 24’, a cuarta edición do encontro internacional especializado nas coníferas. O evento, organizado pola Fundación Arume, convertiuse xa nunha cita clave para toda a cadea forestal – madeira, pois aborda cada ano innovacións e tendencias, tanto a nivel forestal como da cadea industrial dos piñeiros.
O encontro abordará o papel da madeira na industrialización da construción, que representa un cambio de paradigma no sector, pois as pezas de madeira prepáranse na industria coas medidas exactas requeridas e chegan á obra listas para a súa montaxe en seco.
Outro dos focos porase sobre a xestión forestal en monte das masas de piñeiro, así como sobre usos e produtos complementarios que se extraen das coníferas.
Francia, país convidado
Este ano, Francia será o país convidado en Piñeiros 24, seguindo a tendencia dos anos anteriores, cando foran Portugal (Piñeiros 22) e Euskadi (Piñeiros 23) os coprotagonistas do evento.
Francia, en especial a rexión de Nova Aquitania, é un dos referentes europeos no manexo do piñeiro do país (‘Pinus pinaster’), tanto a nivel forestal como industrial. En Piñeiros 24 contarase cunha serie de ponentes de Francia que explicarán a realidade da cadea monte – industria de coníferas no país veciño.
Deste xeito, consolídase o posicionamento internacional do encontro Piñeiros, pois cada ano serve de escaparate non só das innovacións e tendencias en Galicia, senón do camiño que se está seguindo noutros territorios nos que a cadea forestal – madeira de coníferas é punteira e recoñecida a nivel internacional.
Substituíron o fenol, derivado do petróleo, pola lignina, extraída da madeira, para o encolado de contrachapados máis ecolóxicosUnha das conviccións desta empresa é que os produtos de madeira contrachapada son e serán unha das mellores solucións para o bidueiro, pero ao mesmo tempo consideran que é importante traballar en desenrolar novos produtos, na liña da bioeconomía. Ademais do seu produto estrela, as láminas de contrachapado de bidueiro, tamén ofrecen outros produtos como mobiliario, sinais de tráfico ou derivados do proceso de produción, como a lignina, que eles mesmo empregan na súa gama de contrachapados ecolóxicos. Da magnitude da firma da idea o mercado que acadou. Os seus contrachapados de bidueiro están presentes xa en 56 países, exportando o 91% da súa produción.
A betulina, extraída da casca do bidueiro, emprégase na industria cosmética e farmacéuticaEn paralelo, traballan en liñas como o taboleiro de fibra, a produción de celulosa e packaging ou o suministro de biomasa para enerxía. Unha das innovacións máis importantes na que traballan é o laboratorio de betulina, que extrae este composto da casca de bidueiro. A betulina é un componente antibacteriano e de rexeneración celular que se emprega na industria farmacéutica e cosmética.
A edificación proxectada deberá estar destinada a un uso industrial, comercial, recreativo, hoteleiro, oficinas, sanitario-asistencial, educativo, cultural ou deportivoCon todo, a execución da obra non terá que estar rematada no momento de xustificación da solicitude de axuda, sempre que o obxecto de dita axuda é a redacción do proxecto de execución de obra e/ou a compra e instalación do material madeira. Actuacións subvencionables Serán subvencionables as accións vencelladas coa redacción de proxectos e a utilización de produtos de madeira nestas actuacións. No caso de pemes, comunidades de montes, cooperativas, asociacións, organizacións, fundacións ou entidades sen ánimo de lucro, a solicitude de axuda deberá ser para nova construción, rehabilitación ou reforma de naves e establecementos de negocio que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais, e sempre que cando menos, o 20 % do orzamento de execución material do proxecto correspondan a produtos de madeira ou derivados da madeira (incluída súa colocación) que serán utilizados cunha finalidade estrutural, sistemas de compartimentación, envolvente ou acabados, excluíndose para dito computo o uso da madeira nas carpintarías interiores, pavimentos interiores e acabados interiores. Ademais o uso da edificación proxectada deberá estar destinada a un uso industrial (incluídos os vinculados á transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais), comercial, recreativo, hoteleiro, oficinas, sanitario-asistencial, educativo, cultural ou deportivo. A Axencia Galega da Industria Forestal aconsella que, no caso das vivendas en altura, o soto e planta baixa deberán ter estrutura en formigón, sendo utilizada a madeira de forma estrutural, na primeira planta e superiores.
A densificación elimina máis do 80% do contido en auga da madeira, co que aumenta a densidade, resistencia e durabilidadeTodo este proceso acontece nunhas cámaras especiais que van monitoreando e reaxustando os parámetros en tempo real, co uso dunha IA. Neste proceso conseguen eliminar entre o 80-90% da auga da madeira, e deste xeito a madeira gaña densidade, estabilidade, durabilidade, impermeabilidade e resistencia. Ao mesmo tempo defenden que é un sistema ecolóxico, no sentido de que ainda que consume enerxía (prencipalmente para prensar e quentar a madeira), non xera residuos, as máquinas son fáciles de empregar e sobre todo, abre un abano de posibilidades moi grande. Ademais, a madeira en construcción está considerado un material con moita menos pegada de CO2 que calquera dos materiais alternativos, especialmente no referido a uso estructural. Usan tamén productos químicos no proceso, pero insisten en que non son tóxicos nin contaminantes.
A tecnoloxía permítelles crear vigas laminadas para construción estrutural con madeira que inicialmente non sería para ese usoA principal aplicación que lle dan a esta tecnoloxía é para a creación de vigas laminadas de uso estructural a partir de madeira que orixinalmente non servía para este uso, pero buscan outros usos, pois como din no seu eslogan: 'Modificamos a madeira coas características que o noso cliente queira, sempre a tempo'. O seu edificio emblema é o famoso Löyly en Helsinki, referente mundial da arquitectura feita en madeira. Solucións para usos cotiás A segunda conferencia foi feita por Oliver Kläusler, xefe executivo de Swiss Wood Solutions AG (Suíza), unha compañía centrada na creación de diferentes produtos en madeira densificada pero sen uso estructural.